viernes, 26 de febrero de 2021

CONCURSO DE VÍDEO MÓVETE

O Instituto da Lingua Galega organiza o concurso de vídeo Móvete entre o estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra de Galicia con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario.

Os vídeos que se presenten ao concurso deberán ser inéditos e orixinais e non poderán superar os 2 minutos de duración nin os 300 MB de tamaño. Os temas que se propoñen son:

  • Móvete co galego
  • Conmóvete co galego
  • Promove o galego

O concurso está dirixido a alumnado que estea cursando 3º, 4º da ESO, 1º ou 2º de Bacharelato e pódese participar en dúas modalidades, individual e/ou en grupo, neste último caso baixo a dirección ou o asesoramento dun/dunha docente, que será responsable do proxecto e a persoa de contacto.

Formulario de inscrición