5.3. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS
DE AVALIACIÓN
A avaliación
dividirase en tres trimestres e constará de una proba teórica e unha serie de
exercicios prácticos que deben desenvolverse ao longo de cada trimestre.
A proba teórica
versará sobre os contidos expostos na aula. Os exercicios prácticos
realizaranse ao longo do trimestre e versarán sobre aspectos e temas
relacionados coa materia.
No caso de
exercicios prácticos de tipo audiovisual ou de construcción, tales como
aparatos de visión ou de calquer outro tipo, deben presentarse debidamente
identificados, có nome e o curso do alumno exposto de maneira claramente
visible.
5.4. Criterios sobre a
cualificación e promoción do alumnado
As cualificacións emitiranse en base a os
criterios establecidos anteriormente e os estándares de aprendizaxe
correspondentes.
Os resultados da avaliación expresaranse
mediante cualificacións numéricas de cero a dez, sen decimais, considerando
negativas as inferiores a cinco.
A porcentaxe da
nota de cada trimestre dividirase entre a proba teórica e os exercicios
prácticos de modo que o exame supoña un 40% da nota final e os traballos prácticos
un 60%.
Os exercicios prácticos
deben presentarse en una carpeta debidamente identificada, cos exercicios
impresos en papel ou realizados de maneira efectiva sobre algún soporte
material. A carpeta debe ser exclusiva para dita materia e debe ir
debidamente identificada có nome da materia, o nome do alumno e o seu
curso. A carpeta pode ser de aneis, encadernada ou de fundas
transparentes, sempre e cando as follas estén claramente visibeis de unha en
unha e non grapadas nin gardadas de forma conxunta. De non facerse así a nota
total poderá disminuir ata un 20%. A carpeta debe entregarse cós exercicios
realizados ou ben con anterioridades ou ben no momento en que se realice a
proba teórica, e se lle será devolta ao finalizar a avaliación correspondente.
Os traballos de fotografía e vídeo que se
presenten en cada avaliación deberán ser visibles e accesibles a través de
internet, deben ser executables en calquer ordenador cun sistema operativo
normal (windows ou linux) e deben presentarse no lugar que se indique (neste
caso en DRIVE, nunha carpeta identificada có nome do alumno/a) e deben
presentarse no plazo fixado antes da avaliación correspondente (Neste caso o plazo
finaliza o día e hora da realización do exame teórico). A forma de presentación
debe ser mediante o arquivo correspondente copiado en dita carpeta ou mediante
un enlace que se establecerá oportunamente.
As recuperacións de ditos traballos poderán efectuarse
nos trimestres seguintes.
Os alumnos que ao finalizar a 3ª avaliación non
acadasen unha puntuación mínima de 5 deberán ir a o exame final ordinario, no que
xa non contan os traballos efectuados no curso e sí a materia teórica total. Ista proba consistirá na realización dun exame teórico, no que debe demostar o grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe reflectidos no apartado 6.1.
Proba extraordinaria:
Os alumnos que non superen o exame final ordinario poderán presentarse a unha proba extraordinaria no período fixado polo centro.
Esta proba será similar ao exame final ordinario. Para a realización de dita proba, o
alumno deberá aportar o material de traballo necesario para a súa realización.
Nos demais casos o alumno/a debe
remitirse ao disposto no proxecto educativo do centro e na programación xeral
anual.