jueves, 29 de septiembre de 2022

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE IMAXES GRÁFICAS E PEZAS AUDIOVISUAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Prazo de presentación dos traballos: ata o 24  de outubro de 2022 (ás 23.59 h)


O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.

Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Participación: Os traballos poderán realizarse  individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.

Categorías:

  • 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
  • 2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
  • 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.

Modalidades de participación:

  • Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).
  • Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

Prazo de presentación dos traballos: ata o 31  de outubro de 2022 (ás 15.00 h)

Indicacións para para os envíos:

  • enderezo postal: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
  • enderezo electrónico: premios25n.igualdade@xunta.gal

Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.

Bases concurso 




https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38020