miércoles, 3 de noviembre de 2021

Festival de curtametraxes FicAndaina

 Dende a dirección do Festival de curtametraxes e diversidade, FicAndaina de Redondela, queremos comunicarvos que xa está aberto o prazo para presentar as películas que participarán na X edición, que se vai celebrar en Redondela do 22 ao 30 de abril de 2022.

A participación na sección Novel, está aberta a traballos realizados por centros escolares e centros de atención a persoas con diversidade funcional, producidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.

O prazo para a presentación de traballos remata o 31 de decembro e pódese facer a través das plataformas indicadas nas bases.

Tedes toda a información no seguinte enlace:

https://www.asociacionandaina.com/bases-2022/

Para calquera dúbida podedes contactar a través deste correo

andainaredondela@hotmail.com