Convocase a 8ª edición do Concurso de Guións contra a violencia de xénero co obxecto de elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia vicaria como forma de control e dominación.
Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente de entre 12 a 18 anos, creen debate, mobilización, e fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a violencia exercida sobre as fillas/os da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela, coa finalidade de causarlle o maior sufrimento psicolóxico e na súa saúde, por parte de quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou quen mantivo unha relación análoga de afectividade aínda que sen convivencia.
Procurase a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.
Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.
Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.
O prazo de presentación de traballos remata o próximo 30 de novembro de 2021.
Pódense consultar as bases e o prazo nos seguintes enlaces:
https://bop.dacoruna.gal/
https://bop.dacoruna.gal/